Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 536/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen María Pérez-Herrera Abuín contra Empresa Galera 17, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou Sentenza núm. 145/2021, do 13.4.2021, en que se estima a demanda, contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto.
O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Empresa Galera 17, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 14 de abril de 2021
A letrada da Administración de xustiza