Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22778

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 676/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 676/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Milagros Vázquez Álvarez contra a empresa Queijo Guillin, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2021.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, estes autos 676/2020, sobre despedimento, seguidos por instancia de María Milagros Vázquez Álvarez, asistida pola letrada Sra. López Bañobre, contra Queijo Guillin, S.L.,

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por María Milagros Vázquez Álvarez contra Queijo Guillin, S.L., e declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 3.304,02 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 27,94 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 31 de xullo de 2020, ata a data desta sentenza, por importe de 4.638,04 euros. Así mesmo, condénase a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 198,21 euros como cantidades debidas en concepto de vacacións devindicadas e non satisfeitas, máis o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET); todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Igualmente, condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Queijo Guillin, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza