De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º, Pontevedra, teléfono 986 80 54 48), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.
Pontevedra, 20 de abril de 2021
Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto que se notifica |
R1-51 |
35418747N |
Trámite de audiencia |