Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22774

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas

EDICTO (546/2017).

Xulgado: Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Cangas do Morrazo

Procedemento: divorcio contencioso 546/2017

Demandante: Joaquina Serrat López

Procurador: Faustino Maquieira Gesteira

Demandado: Babar Aslam

Procurador: en rebeldía

Resolución. Sentencia nº 54/2020, do 15 de xuño.

Impugnación: cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. O recurso interporase ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, e exporanse as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada con expresión dos pronunciamentos que impugna.

En atención ao descoñecemento do actual domicilio do demandado, de acordo co disposto no artigo 497.2 da LAC, acordouse notificarlle a sentenza por medio deste edicto e fáiselle saber que esta se atopa á súa disposición neste xulgado.

Este edicto cumpre coas condicións de publicación establecidas na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza.

Cangas, 14 de abril de 2021

O/a letrado da Administración de xustiza