Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22827

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da aprobación inicial do Estudo de detalle do equipamento sociocultural no municipio de Marín, zona portuaria.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 7 de abril de 2021 aprobouse inicialmente o Estudo de detalle equipamento socio-cultural no municipio de Marín. Zona portuaria, redactado por Naos04 Arquitectos, S.L.P. en novembro de 2020.

Parcela con referencia catastral: 4838001NG2943N0015HO (subsector S-3.1).

En cumprimento do disposto no artigo 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG), publícase o presente anuncio polo prazo dun mes no DOG e nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como no taboleiro de edictos do Concello, para que as persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

A documentación sometida a exposición pública estará á disposición dos interesados nas dependencias do Servizo de Urbanismo, na casa consistorial do Concello de Marín, sita na avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, en horario de oficina das 9.00 ás 14.00 horas, así como nesta ligazón Estudio_detalle_equipamiento_sociocultural.zip.

Con independencia do trámite de información pública, resulta necesaria a citación persoal dos propietarios das parcelas incluidas no ámbito do estudo de detalle, segundo figuren no catastro. Para este efecto, publicarase, se for o caso, un edicto no BOE, que servirá de notificación, conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Marín, 7 de abril de 2021

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa