Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da oferta de emprego público complementaria para o ano 2021.

Na Xunta de Goberno Local, do 31 de marzo de 2021, adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público complementaria deste concello para o ano 2021, que contén os seguintes postos de traballo de persoal funcionario que se deberán convocar no prazo máximo de tres (3) anos:

Denominación

Grupo

Escala

Subescala

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Fundamentación

Administrativo/a

C1

Administración xeral

Administrativa

2

Libre

Oposición

Artigo 19 da LOXE 2021, 10.4 TREBEP e 23.2.a) Lei do emprego público de Galicia

Segundo. Que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia. 

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro que xulguen procedente.

Guitiriz, 6 de abril de 2021

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa