A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución dos expedientes de autorización de clave DH.W15.64517 e dous máis, que se indican no anexo.
Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no tabolerio de edictos único (TEU) do BOE, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e a constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza Camilo Díaz Baliño, nº 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
Así mesmo, indícase que poderá interporse recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE do interesado |
Data da resolución |
Sentido da resolución |
|
DH.W15.64517 |
32548899N |
15.2.2021 |
Arquivamento |
|
DH.W15.73543 |
32591666E |
11.12.2020 |
Favorable |
|
DH.B36.72230 |
47377003Q |
21.1.2021 |
Favorable |


