Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 21 de abril de 2021, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Outros Adaxes, S.L. de terceira modificación substancial da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do Xufre (Illa de Arousa) para explotación de zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións con destino a novos usos (venda de material náutico, reparación e alugamento de embarcacións), regularización de construcións existentes, rehabilitación de pantalán de espera e ocupación e construción dunha nova nave de invernada de embarcacións (expediente 13-04-12-C1).

Alejandro Diéguez Pazos solicita, en nome e representación da entidade Outros Adaxes, S.L., a terceira modificación substancial da concesión administrativa para a explotación de zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións no porto do Xufre (Illa de Arousa), segundo o proxecto titulado Proxecto básico e execución de nave almacén para garda de embarcacións, redactado polo arquitecto Jesús María Diéguez Pazos en marzo de 2021.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de Vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 21 de abril de 2021

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia