Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican as resolucións de varios recursos de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

76512249N

Resolución

San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña)

14698205D

Resolución

San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña)

76516740H

Resolución

San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña)