Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 22 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica resolución ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2020/007).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo a resolución relativa ao procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, dado que, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu respectivo expediente, se atopa á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser recorrida en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 22 de abril de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2020/007

32696463P

YC647379

Resolución de denegación da inscrición