Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 22 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de varios predios por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal da Estrada (expediente IN407A 2021/026-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia. Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2021-26-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coranavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias, deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Pontevedra, 22 de abril de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Nº de expediente. IN407A 2021/026-4.

Denominación: LMTA-CTI Sandelle.

Nº parcela

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio

Afeccións

Nº apoio

ml aér.

m² aér.

9

36017W518013170000JM

Leira Longa

Agrario

Descoñecido

4,2

77,63

10

36017W518013260000JI

Leira Longa

Agrario

Descoñecido

12,37

165,89

12

36017W516011420000JF

Leira Longa

Agrario

Descoñecido

719,52

13

36017W517012320000JH

Alargo

Agrario

Descoñecido

5

1,44

50,88

742,32

14

36017E509003550000HQ

Veiga de Abaixo

Agrario

Descoñecido

27,5

514,05

15

36017E509003660000HR

Veiga de Abaixo

Agrario

Descoñecido

6

1,44

69,07

1105,13

16

36017E509003670000HD

Veiga de Abaixo

Agrario

Descoñecido

7

0,85

33,38

533,67

17

36017E509003640000HO

Agro

Agrario

Descoñecido

7

0,85

3,08

78,39

18

36017E509003630000HM

Agro

Agrario

Descoñecido

30,04

459,12

19

36017E509003810000HH

Agro

Agrario

Descoñecido

7,01

139,81

22

36017E509003720000HI

Cortiñas

Agrario

Descoñecido

8,9

17,02

85,3

748,3

23

36017E509003740000HE

Cortiñas

Agrario

Descoñecido

9

6,48

36,16

323,73