Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23367

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2021 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro) pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O primeiro exercicio da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo que se cita foi realizado o día 14 de marzo de 2021.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en vinte dias hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública