Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23487

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso da parcela destinada a equipamento público localizada no ámbito da API R31-parque de Eirís, coa referencia catastral 9493204NH4999S (expediente 631/2021/27).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 4 de marzo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Cambiar o uso da parte da parcela de titularidade municipal inserida na área de planeamento incorporado API R31-parque de Eirís, coa referencia catastral 9493204NH4999S, cualificada como equipamento local de continxencia de titularidade pública EQ (Pb), polo de equipamento local sanitario de titularidade pública SN(Pb), de conformidade co grafado no documento de cambio de uso da parcela destinada a equipamento público localizada no ámbito da API R31-parque de Eirís con referencia catastral: 9493204NH4999S. Febreiro 2021, redactado pola Oficina Técnica do Departamento de Planeamento Municipal.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Remitir o acordo á Consellería de Sanidade, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e departamentos municipais interesados na súa tramitación, para os efectos do seu coñecemento.

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou no enderezo electrónico registrourbanismo@coruna.es; na web de Urbanismo do Concello https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma web, a través do visor desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 12 de abril de 2021

A alcaldesa
P.D. (dispositivo terceiro, letra e) do Decreto 3847, do 27.6.2019)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade