Mediante a Resolución do 13 de decembro de 2019 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro), convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 256, do 22 de decembro), que amplía o número de prazas convocadas.
Pola Resolución do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.
Logo de finalizado o prazo de subsanación previsto na base sexta da resolución de convocatoria, e de conformidade co disposto na citada base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado mediante a Resolución do 13 de decembro de 2019.
Segundo. As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/pola solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Terceiro. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 13 de decembro de 2019, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos