Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23723

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 78/2021, do 29 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construcción de senda peonil na AC-413, puntos quilométricos 11+960-12+385, de clave AC/18/144.06, no concello de Cerceda (A Coruña).

Antecedentes:

Primeiro. O día 24.1.2020 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción: senda peonil na AC-413. Puntos quilométricos 11+960-12+385, de clave AC/18/144.06.

As afeccións a terceiros como consecuencia das actuacións recollidas neste proxecto, só afectan un único propietario particular e a unha superficie inferior a 12 m²; cunha mínima repercusión económica e territorial, polo que neste caso o procedemento de información pública ordinario foi substituído por unha comunicación persoal ao afectado pola expropiación. Esta notificación persoal foi realizada o día 23.1.2020 e recibida polo expropiado o día 28.1.2020; no tempo transcorrido ata a data de hoxe o expropiado non presentou ningunha alegación en relación a este proxecto.

Segundo. Tras a análise dos informes e certificados presentados, o 22 de xullo de 2020 apróbase o expediente de información pública e posteriormente o 8 de febreiro de 2021 apróbase definitivamente o proxecto de construción: senda peonil na AC-413. Puntos quilométricos 11+960-12+385, de clave AC/18/144.06.

A actuación obxecto deste proxecto consiste na creación dun itinerario peonil na entrada co núcleo de Tablilla desde Ordes, entre os puntos quilométricos 11+960 e 12+385 na marxe esquerda da estrada AC-413, de maneira que permita a formalización dun itinerario peonil continuo ao longo da estrada destinado á mellora da seguridade viaria.

As actuacións previstas son: execución dunha senda de formigón e colocación do bordo, execución da rede de pluviais, rede de alumeado público, reposición de sinais e marcas viarias de bordo da calzada.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de abril de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción: senda peonil na AC-413. Puntos quilométricos 11+960-12+385, de clave AC/18/144.06.

Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade