Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23799

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 230/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 230/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Jesús Abeijón Villar contra Fleet Care Services, S.L. e Ernst & Young Abogados, S.L.P., sobre despedimento, ditáronse as seguintes resolucións das cales os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:

Resolucións:

Decreto do 20.4.2021 contra o que cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Citación do 2.4.2021 en que consta lugar, día e hora en que deben comparecer.

En Santiago de Compostela o vinte de abril de dous mil vinte e un.

A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Belén Menéndez Medel.

En Santiago de Compostela o vinte de abril de dous mil vinte e un.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 14.4.2021 Juan Jesús Abellón Villar presentou demanda de resolución de contrato (artigo 50 ET) fronte a Fleet Care Services, S.L. e Ernst & Young Abogados, S.L.P.

Segundo. A demanda foi remitida por quenda a este Xulgado do Social número 4.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Examinada a demanda, presentada por Juan Jesús Abeijón Villar, así como a documentación acreditativa de intentar a conciliación ou mediación previa, ou o esgotamento da vía administrativa, se é o caso, e as correspondentes copias, en cumprimento do que dispoñen os artigos 80.2 e 3 da LXS, apréciase que aquela reúne os requisitos formais exixidos nos devanditos preceptos.

Segundo. O artigo 82.1 da LXS dispón que, de ser admitida a demanda, unha vez verificada a concorrencia dos requisitos exixidos en canto a designación do órgano ante o que se presente, modalidade procesual, designación da parte demandante, parte demandada, feitos sobre os que verse a pretensión, súplica e designación completa de todos os datos de identificación do domicilio do demandante para a práctica de toda clase de comunicacións, na mesma resolución de admisión a trámite, o letrado da Administración de xustiza sinalará o día e a hora en que debe ter lugar sucesivamente os actos de conciliación e xuízo. Por todo iso, procede no presente citar as partes á celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, ao de xuízo, que terán lugar en única pero sucesiva convocatoria, o primeiro ante o/a letrado/a da Administración de xustiza, e o segundo ante o/a maxistrado/a, o día e hora sinalados na parte dispositiva.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva:

Acordo admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 19.5.2021, ás 11.20 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non alcanzarse a avinza, o día 19.5.2021, ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda. Advírtese, igualmente, á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e que estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

No outrosí digo, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS, sen prexuízo da ratificación posterior en xuízo do demandante salvo que con anterioridade outorgue poder en forma por algún dos medios admitidos en dereito ou que, con posterioridade, se efectúe revogación ou renuncia comunicada de forma efectiva (artigo 80.1 e) LXS).

No outrosí digo segundo, interrogatorio, procede o solicitado conforme o artigo 90.3 LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 LXS). Para ese efecto, fágase saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou través de persoa con poder suficiente e, en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertíndolle que en caso de non comparecer poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que se non comparece sen causa xusta á primeira citación, rexeitase declarar ou persistise en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos resultarlle prexudicial en todo ou en parte. No caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa deles. Con tal fin a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

No outrosí digo segundo, documental, procede solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 LXS). Requíranse as demandadas para que acheguen con anterioridade á data sinalada para o xuízo, os documentos solicitados e que son os seguintes:

– Contratos de traballo.

– Nóminas do último ano.

Coa advertencia de que, de non facelo, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 LXS).

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/o xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

Cítese como parte o Fondo de Garantía Salarial para os efectos sinalados no artigo 23 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela.

Despedimento/cesamentos en xeral 230/2021.

Cédula de citación:

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 4.

Asunto en que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 230/2021.

Persoa a que se cita: Fleet Care Services, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/aos acto/s de xuízo/conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 19.5.2021, ás 11.20 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 19.5.2021, ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

O seu interrogatorio como demandado.

E que acheguen no acto do xuízo os seguintes documentos:

– Contratos de traballo

– Nóminas do último ano

Para ese efecto, indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resulten en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos cales é convocado (artigo 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder quince días.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza

1. Fleet Care Services, S.L.

Domicilio: rúa Golfo de Salónica, nº 27, 4, Madrid.

2. Ernst & Young Abogados, S.L.P.

Domicilio: avenida de La Palmera, nº 33, 41013 Sevilla.