Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de abril de 2021 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente COR/180/2015-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 30 de marzo de 2021, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/180/2015-RP1 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 30.11.2016, na cal se ordena a demolición dunhas obras de construción dunha edificación auxiliar composta de soto e planta baixa (B), muros de contención 2, 3 e 4 e parte do pavimento de formigón, realizada sen autorización autonómica, no lugar do Francés, parroquia de San Pedro de Vilanova, no termo municipal de Vedra, provincia da Coruña, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a José Luis Soto Tato, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística