Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Gallega de la Construcción.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito dos estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Gallega de la Construcción.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poden ser membros de pleno dereito da Federación Gallega de la Construcción as organizacións empresariais con domicilio social en Galicia cuxos asociados teñan como actividade principal e ámbito funcional actividades propias do sector da construción.

– Asinante: Diego Vázquez Reino e Verónica Val Vázquez.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais