XVB xuízo verbal 136 /2017
Procedemento orixe:
Sobre reclamación de cantidade
Demandante: Gioseppo, S.L.U.
Procuradora: Elisa Ortega Varres
Avogada: María Lidón Serra de la Rosa
Demandada: María Remedios Fernández Fidalgo
Eu, María del Carmen Álvarez Marqués, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Barco de Valdeorras, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Gioseppo, S.L.U con CIF B03503034 contra María Remedios Fernández Fidalgo con DNI 76772509G foi pronunciada sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
«Sentenza 103/2018
O Barco de Valdeorras, 29 de outubro de 2018.
Vistos por min, Mª del Carmen Bouzas González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Barco de Valdeorras, os presentes autos de xuízo verbal 136/2017, promovidos por instancia de Gioseppo, S.L.U. contra María Remedios Fernández Fidalgo.
Decido:
Estimar a demanda presentada por Gioseppo, S.L.U. contra María Remedios Fernández Fidalgo e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a pagar a cantidade de 1822,69 euros, cos xuros legais, sen especial pronunciamento canto ás custas.
Notifíquese ás partes facéndolles saber que esta resolución é firme. Contra ela non cabe recurso de apelación (artigo 455.1 da LAC).
Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza. Mª del Carmen Bouzas González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Barco de Valdeorras».
E atopándose a devandita demandada, María Remedios González Fidalgo en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.
O Barco de Valdeorras, 3 de xullo de 2019
A letrada da Administración de xustiza