Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24071

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 249/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 249/2019 deste xulgado do social, seguido contra Euromontaxe Profesional, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo:

Admítese a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte a Euromontaxe Profesional, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.527,86 euros en concepto de principal e recarga por mora.

Impóñenselle á parte demandada as custas do proceso, que incluirán honorarios de letrado ata o límite de 600 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que é firme.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Euromontaxe Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza