Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 23967

III. Outras disposicións

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

RESOLUCIÓN de 5 de maio de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

A presidenta do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
P.D. (Resolución do 8.3.2019, DOG núm. 54/2019)
Adela Quinzá-Torroja García
Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo ISSGA

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e as asociacións de autónomos para o desenvolvemento de actividades de asesoramento técnico, información e sensibilización sobre as medidas preventivas fronte á COVID-19.

Regular o desenvolvemento de actividades de asesoramento técnico, información e sensibilización sobre as medidas preventivas fronte á COVID-19 coas asociacións de autónomos.

0,00 €

13.1.2021

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais.

Regular o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais coa Escola Galega de Administración Pública.

0,00 €

9.2.2021