Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24320

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña

EDICTO (96/2020).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña, fago saber que no xuízo verbal 96/2020 se ditou Sentenza do 30.9.2020 que non puido ser notificada ao NIF 76927888H, parte demandada, por estar en paradoiro descoñecido.

A resolución procesual está na oficina xudicial deste órgano (rúa Monforte, s/n, 4ª planta na Coruña) onde o interesado poderá ter coñecemento íntegro do acto.

Contra a devandita resolución non cabe recurso conforme o establecido na Lei de axuizamento civil (LAC).

Expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en cumprimento do artigo 497 da LAC.

A Coruña, 16 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza