Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS626F e BS618D.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este anuncio as resolucións dos recursos de alzada presentados, emprazando as persoas interesadas relacionadas nos anexos, ao seren devoltas polo servizo de Correos, xa que se intentou a notificación e non se puido practicar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas citadas nos anexos ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, avda. Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución e o resto do expediente, advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados ao vencemento do prazo indicado para comparecer. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 7 de abril de 2021

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO I

Procedemento BS626F

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Resolución: data

44429310A

BS626F15017001217

Desistencia 23.2.2021

47373387B

BS626F15030019320

Desistencia 4.2.2021

ANEXO II

Procedemento BS618D

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Resolución: data

32788008J

BS618D15075000320

Desistencia 15.12.2020