Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24639

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 314/2019).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 314/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Suárez Acebey contra ADP Fachadas y Proyectos Intregales Reforlar, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou decreto cuxa parte dispositiva di:

Acordo:

– Ter por desistido a Jesús Suárez Acebey da súa demanda fronte a ADP Fachadas y Proyectos Intregales Reforlar, S.L., Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

E para que sirva de notificación en legal forma a ADP Fachadas y Proyectos Integrales Reforlar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza