Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24706

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública de orde de execución forzosa para a xestión da biomasa vexetal dunha parcela (expediente 2133/2018).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a notificación no domicilio que consta no expediente (por ausente), faise pública a resolución do expediente de orde de execución forzosa, coa execución subsidiaria polo Concello por conta dos interesados, para a xestión da biomasa vexetal da seguinte parcela:

Nº expte.

Asunto

Propietario

Ref. catastral

Localización da parcela

2133/2018

Execución subsidiaria polo Concello da orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcela, ditada o 18 de xaneiro de 2019, por conta do propietario (511,83 €)

Hros. María Victoria Silva Hermida

36005B515015640000ZZ

sita na Gándara-Saiar

Recursos. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente o recurso de reposición potestativo, ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

De se interpoñer o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015. O recurso de reposición entenderase desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal, e daquela os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 29 de abril de 2021

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente