Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea J.D. I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea J.D. I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 22 de abril de 2021, Dosinda Gondar Dios solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea J.D. I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Dosinda Gondar Dios (***6211**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.D. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 25.

Polígono: B.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 6.4.1966.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Antonio Gondar Muñiz (***9753**) e Dolores Dios Fernández (***0135**).

Nova titular: Dosinda Gondar Dios (***6211**).

A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da mellora en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de abril de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo