Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24888

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO polo que se publica a Resolución 628/2021, do 12 de marzo, referente á convocatoria e ás bases para a cobertura en propiedade dunha praza de inspector/a principal da Policía local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 55, do 24 de marzo de 2021, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para a cobertura en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición (quenda restrinxida de promoción interna), dunha praza vacante de inspector/a principal da Policía local do Concello de Arteixo, correspondente ao grupo A, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala de servizos especiais-corpos especiais, clase de escala executiva, e incluída na OEP de 2020 do Concello de Arteixo (BOP da Coruña núm. 135, do 21.8.2020).

As instancias para solicitar tomar parte no proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas bases, dirixidas ao alcalde presidente, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 29 de abril de 2021

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente