Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación do inicio do trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de 10 días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, para coñeceren o texto íntegro da resolución que se notifica.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19, para efectuar a referida comparecencia deberase concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 30 de abril de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34706070J

Trámite de audiencia

Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense)