Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de abril de 2021, do Servizo de Mobilidade Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-00124-O-2021 e tres máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador número PO-00124-O-2021 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 27 de abril de 2021

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

PO-00124-O-2021

0421-GLW

78806884Y

Non levar a bordo do vehículo o certificado de conformidade deste, posuíndoo.

24.8.2020; 18.26.00; AP-9; 137,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 199.9 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.b) ROTT

201 euros

PO-00135-O-2021

0421-GLW

78806884Y

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

24.8.2020; 18.33.00; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-00416-O-2021

3289-BJV

76984064M

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

26.8.2020; 13.45.00; EP-2603; 0,8

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

PO-01294-O-2020

M-5468-WU

77007065Y

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

23.3.2020; 19.00.00; EP-2603; 2,5

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros