Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25775

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para cubrir unha vacante de técnico/a de administración xeral (oferta de emprego público de 2018).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 73, do 21 de abril de 2021, publicáronse as bases da convocatoria para prover unha praza de técnico/a de administración xeral, encadrada na escala de administración xeral, subescala técnica superior, por concurso-oposición libre.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Fene, 21 de abril de 2021

Juventino José Trigo Rey
Alcalde