Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 12 de maio de 2021 polo que se fai pública a resolución da concesión dos premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.

Mediante Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), do 11 de decembro de 2020, aprobáronse as bases reguladoras e fíxose pública a convocatoria do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas (DOG núm. 257, do 23 de decembro).

Os premios do dito concurso foron dotados, segundo o establecido pola base segunda da convocatoria, cos seguintes importes:

Categorías

De 9 a 11 anos

De 12 a 14 anos

1º premio

250 euros

250 euros

2º premio

200 euros

200 euros

3º premio

150 euros

150 euros

En cumprimento do establecido nas bases décimo segunda e décimo terceira da dita Resolución do 11 de decembro de 2020, a adxudicación dos premios realízase en virtude da resolución da directora da EGAP, de acordo coa proposta do xurado, que debe ser publicada na web da Escola Galega de Administrción Pública e no Diario Oficial de Galicia, producindo esta publicación os efectos da notificación, de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta resolución de adxudicación foi ditada por delegación en virtude do disposto pola epígrafe 1º.i) da Resolución da Dirección da EGAP, do 17 de decembro de 2007, sobre delegación de competencias no secretario xeral.

De acordo co exposto, faise pública a Resolución do 11 de maio de 2021 da concesión dos premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas do ano 2021, que foi adoptada de acordo coa proposta do xurado e seguindo o procedemento regulado na resolución da directora da escola, e que literalmente di:

«De acordo coa proposta do xurado e en virtude do sinalado pola base décimo segunda da Resolución do 11 de decembro de 2020 pola que se se aproban as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar os seguintes premios:

Categoría 1:

1º 250 euros para Airas Marcal Sueiras, NIF **7366***, por Historias sobre a velocidade e o touciño.

2º 200 euros para Carolina Naveira Cornide, NIF **0012***, por Ron, o león que non sabía cazar.

3º 150 euros para Mariña Fernández Calo, NIF **9746***, por A historia das fillas da natureza.

Categoría 2:

1º 250 euros para Mencía Jorge Cabaleiro, NIF **9734***, por Amor con remitente.

2º 200 euros para Antón Cillero García, NIF **1167***, por A esperanza dunha lingua.

3º 150 euros para Pablo González Faginas, NIF **2985***, por Recordos dun poeirento tocadiscos.

Segundo. Ordenar que se publique esta resolución na páxina web da EGAP e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Requirir as persoas premiadas para que no prazo de cinco (5) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia, acepten o premio, o que deberán facer mediante a presentación dun escrito asinado en tal sentido pola persoa premiada ou a persoa que legalmente a represente dirixido á EGAP.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2 de xaneiro de 2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública