Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25923

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a oposición do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de maio de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade. De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

Juan Gómez Duaso
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron a oposición do proceso selectivo
para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información

Núm.

DNI

Apelidos e nome

Exercicio 1

Exercicio 2

Exercicio 3

Exercicio 4

Fase concurso

Total

1

***0916**

Valiño García, Juan Antonio

14,94

14,02

Apto

19,1

30,36

78,42

2

***7058**

Vidal Ces, David

15,33

16,94

Apto

13,6

26,46

72,33

3

***3651**

Marcos Doldán, Eva

13,11

13,61

Apta

15,8

26,6

69,12

4

***2900**

Riadigos Vilariño, Santiago

14,5

12,36

Apto

14,7

26,16

67,72

5

***9619**

Losada González, Antonio

10,44

12,91

Apto

12,6

28,31

64,26

6

***1963**

Varela Iglesias, Ricardo

11,16

12,22

Apto

10,8

29,62

63,80

7

***6629**

Bueno Capeáns, Paulo

13,05

13,47

Apto

10,1

21,94

58,56

8

***3799**

Vila Martínez, Paula

13,5

12,91

Exenta

17,1

14,17

57,68