Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25927

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2021 pola que se amplía o prazo de resolución de diversos procesos selectivos para ingresar como persoal laboral fixo.

Mediante as resolucións do 4 de febreiro de 2020 (DOG núm. 35, do 20 de febreiro), a Universidade de Vigo convocou procesos selectivos para o ingreso nas seguintes categorías de persoal laboral fixo de administración e servizos, encadradas todas elas no grupo I:

– Técnico/a superior de actividades deportivas.

– Técnico/a superior de actividades do medio mariño.

– Técnico/a superior de calidade ambiental e histoloxía.

A base 6.3 das devanditas convocatorias establece: «A resolución final deste proceso selectivo ditarase antes de que transcorra un ano desde a publicación desta convocatoria no DOG».

A suspensión dos prazos administrativos como consecuencia da declaración do estado de alarma en marzo de 2020 e a posterior ralentización das actuacións relativas á realización das probas e ás actuacións dos tribunais como consecuencia da progresiva recuperación da actividade administrativa ordinaria fan preciso ampliar o prazo máximo previsto para finalizar estes procesos selectivos, de conformidade co establecido no artigo 32.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En consecuencia, esta reitoría en uso das atribucións que ten conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar en seis meses o prazo de resolución do procedemento, de acordo co establecido na base 6.3 das resolucións do 4 de febreiro de 2020 polas que se convocaron os procesos selectivos das categorías anteriormente indicadas.

Segundo. Contra esta resolución non cabe recurso, de conformidade co artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 14 de maio de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo