Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26099

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2021 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2.

A Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O primeiro exercicio da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo que se cita foi realizado o día 27 de marzo de 2021.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública