Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26270

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de provisión do posto de traballo de director/a da Escola Fogar.

No Boletín Oficial da provincia núm. 79, do 28 de abril de 2021, publicáronse as bases da convocatoria de provisión do posto de traballo de director/a da Escola Fogar, polo sistema de libre designación.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica da Deputación Provincial de Pontevedra e no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 30 de abril de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra