Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26134

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido nos artigos 88 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos Estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinala no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao xerente da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria. A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Campus da Zapateira, A Coruña e Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 11 de maio de 2021

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Nº de posto

Denominación

Centro

Tipo

Grupo

Comple. destino

Comple.

específ.

Forma

provisión

152

Secretario/a

Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente

S

A2/C1

21

613,95

Libre designación

Requisitos: funcionarios/as de carreira dos grupos que se indican para o posto, con destino definitivo na Universidade da Coruña.

missing image file