Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 10 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación do parque eólico Serra das Penas (expediente LU-079-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócase a todas a persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polo parque eólico Serra das Penas, no concello de Paradela, que se sinalan no cadro anexo e que terá lugar nas oficinas do citado concello.

Lugo, 10 de maio de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente LU-79-EOL.

Denominación: parque eólico Serra das Penas.

Concello de Paradela (Lugo).

Predios

Propietario

Data

Hora

139 e 158

Abel Pérez Rodríguez

7.6.2021

10.30

294, 304, 386, 387 e 422

Purificación López Gómez

7.6.2021

11.30

406

Lorenzo López Rodríguez

Herdeiros de Herminia López Rodríguez

7.6.2021

10.30