Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26332

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 26 de abril e o 10 de maio de 2021, o tribunal nomeado por Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro) e modificado pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 258, do 24 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 31, 108 e 150 do primeiro exercicio deste proceso selectivo. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas núm. 181 e núm. 184 e 185. Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas nas preguntas núm. 65, sendo correcta a alternativa c). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións realizadas ao dito exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de trinta puntos (30 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, por Resolución deste tribunal, do 26 de febreiro de 2021, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obteñan un mínimo de 36 respostas correctas, unha vez realizados os descontos correspondentes, distribuídas, tal e como establece a convocatoria, da seguinte maneira: 10 respostas correctas da parte xeral e 26 da parte especial.

Asignarase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan o número mínimo de respostas correctas establecido no parágrafo anterior. O resto das persoas declaradas aptas terá unha puntuación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ás respostas correctas

Feita a corrección en sesión do 10 de maio de 2021, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 60 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021

Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal