Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26404

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para o acceso a varias prazas de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, publicáronse integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, publicouse unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 77, do 7 de abril de 2021, publicáronse resolucións relativas á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, os seguintes procesos selectivos:

Decreto 1538/2021, do 2 de marzo: 1 praza de enxeñeiro/a técnico/a agrícola; escala: Administración especial; subescala: técnica; clase: media; grupo de titulación: grupo A (subgrupo A2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

Decreto 1539/2021, do 2 de marzo: 1 praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial; escala: Administración especial; subescala: técnica; clase: media; grupo de titulación: grupo A (subgrupo A2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

Decreto 1540/2021, do 2 de marzo: 12 prazas de bombeiro/a condutor/a; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: extinción de incendios; grupo de titulación: grupo C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

Decreto 1541/2021, do 2 de marzo: 1 praza de oficial electricista; escala: Administración especial; subescala: técnica; clase: auxiliar; grupo de titulación: grupo C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

Decreto 1537/2021, do 2 de marzo (segundo a redacción dada polo Decreto 1992/2021, do 15 de marzo): 2 prazas de ordenanza; escala: Administración xeral; subescala: subalterna; grupo de titulación: grupo AP (agrupacións profesionais). Sistema selectivo: oposición. 1 en quenda de acceso libre ordinario e 1 en quenda libre reservada a persoas con discapacidade.

Decreto 2015/2021, do 15 de marzo: 4 prazas de celador/a colexio público; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: cometidos especiais; grupo de titulación: grupo AP (agrupacións profesionais). Sistema selectivo: oposición. 2 en quenda de acceso libre ordinario e 2 en quenda libre reservada a persoas con discapacidade.

Decreto 2115/2021, do 16 de marzo: 1 praza de oficial lector/a contador/a; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: persoal de oficios; grupo de titulación: grupo C (subgrupo C2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 23 de abril de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021, do 16 de abril)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza:
Economía e Recursos Humanos