Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26608

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 9/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento 9/2021 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Susana Ferreiro Novo contra a empresa Texjomar, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta: 

Sentenza

A Coruña, 4 de marzo de 2021

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, os presentes autos número 9/2021 sobre despedimento, seguidos por instancia de Susana Ferreiro Novo, asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra Texjomar, S.L.

Decido

Estímase a demanda interposta por Susana Ferreiro Novo, asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra Texjomar, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polo demandado con efectos do 20 de novembro de 2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 36,91 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 5.176,26 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Texjomar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza