Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26437

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora no anexo I desta resolución.

No anexo II da resolución dáse publicidade a un convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Política Social durante o terceiro cuadrimestre do ano 2020.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2021

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO I

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2021

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Conselleria de Política Social para a organización do curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais.

O desenvolvemento conxunto do curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais dirixido a persoal funcionario dos grupos A1, A2 e C1 e persoal laboral dos grupos I e II preferentemente con titulación universitaria (licenciatura ou grao correspondente) en dereito, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, educación social, relacións laborais, traballo social, ciencias políticas, socioloxía, terapia ocupacional, enfermaría, fisioterapia ou medicina.

15.4.2021

10.350,00 €

Convenio de colaboración entre as consellerías de Política Social e de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Abuso e Maltrato Infantil No. Galicia (AMINO.gal), para a formación, difusión e sensibilización no eido da violencia sexual infantil.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Abuso y Maltrato Infantil No. Galicia. AMINO.Gal, para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do programa «Poñendo as lentes para a protección da infancia», programa que leva a cabo a Asociación AMINO.gal para a difusión da Campaña do Consello de Europa para a prevención da violencia sexual contra a infancia «Un de cada cinco» en centros de ensinanza de educación infantil, primaria e educación especial de Galicia.

22.1.2021

201.481,80 €

Convenio de colaboración para o ano 2021, entre a Consellería de Política Social e a Fundación Meniños, para a execución do programa de «Integración familiar».

Contribuír ao financiamento no desenvolvemento do Programa de Integración Familiar promovido pola Fundación Meniños nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

25.1.2021

655.671,21 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Complexo Montealegre (Ourense).

Prorrogar o convenio de colaboración asinado o 1 de abril de 2019, por un ano e con efectos desde o 1 de abril de 2021 ata o 31 de marzo de 2022, coa Fundación Diagrama Intervención Psicosocial, nos termos e co alcance que figura no seu clausulado.

4.3.2021

4.685.900,62 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Marola Fútbol Club no desenvolvemento dun programa de fomento da práctica deportiva para menores internados no centro Concepción Arenal e de soporte á autonomía dos mozos que rematan o cumprimento das medidas de internamento en centros de reeducación.

Establecer o marco de colaboración coa Asociación Marola Fútbol Club para o financiamento do programa que leva a cabo durante o ano 2021 dirixido a facilitar o tránsito a autonomía e a inserción socio laboral dos mozos, de idades comprendidas entre 18 e 25 anos, que finalicen o seu internamento nun dos centros de reeducación desta comunidade autónoma, inicien o cumprimento dunha medida non privativa de liberdade e residan na cidade da Coruña, naqueles casos nos que e o seu contorno socio familiar non reúna as condicións necesarias para facilitar a súa inserción socio laboral.

Asi mesmo, traballarase, na medida en que a situación sanitaria o permita, na práctica deportiva dos internos do centro Concepción Arenal mediante a súa inclusión nas actividades do club como medio para o establecemento de pautas de comportamento saudable.

6.4.2021

47.480,00 €

Convenio de colaboración para o ano 2021, entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia, para a execución do «Programa de apoio ao acollemento en familia extensa».

Contribuir ao financiamento para desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia o «Programa de apoio ao acollemento en familia extensa» mediante o cal se facilita apoio aos procesos de acollemento familiar de menores por membros da súa propia familia, proporcionando unha atención especializada adaptada ás necesidades das persoas acollidas, das persoas acolledoras e dos proxenitores, por medio de actuacións de asesoramento e orientación en tarefas parentais e coidado dos menores, intervención psicosocial e actuacións de mediación nas relacións familiares e apoio educativo ás familias a través de sesións formativas

8.4.2021

173.353,44 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Educativa e Social Dignidade para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e otras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia de Lugo.

Prorrogar o convenio de colaboración asinado o 31 de maio de 2019, por un ano e con efectos desde o 1 de xuño de 2021 ata o 31 de maio de 2022, coa Fundación Educativa e Social Dignidade, nos termos e co alcance que figura no seu clausulado.

22.4.2021

280.626,33 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia de Ourense

Prorrogar o convenio de colaboración asinado o 31 de maio de 2019, por un ano e con efectos desde el 1 de xuño de 2021 ata o 31 de maio de 2022, coa Asociación Centro Trama, nos termos e co alcance que figura no seu clausulado.

22.4.2021

274.569,96 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia de Pontevedra.

Prorrogar o convenio de colaboración asinado o 31 de maio de 2019, coa modificación efectuada o 10.7.2020, por un ano e con efectos desde o 1 de xuño de 2021 ata o 31 de maio de 2022, coa Asociación Arela, nos termos e co alcance que figura no seu clausulado.

22.4.2021

382.489,02 €

Convenio de colaboración para o ano 2021, entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juansoñador para o desenvolvemento do programa socioeducativo e de lecer e tempo libre, de atención integral para a infancia, a adolescencia e as familias.

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento do Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral dos menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social mediante o cal se lles facilita o adecuado desenvolvemento persoal e social aos menores participantes nas actividades que se desenvolven.

27.4.2021

157.912,94 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dun programa de intervención en atención temperá destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias.

27.4.2021

346.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (ASPAYM), para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia e o mantemento da entidade para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento da Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (ASPAYM) e das actividades que comporta o servizo que a dita entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2021.

27.4.2021

45.142,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Autismo Galicia, para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias, en Galicia e para o mantemento da federación e das entidades federadas para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento da Federación Autismo Galicia e das actividades que a dita entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2021, orientadas á atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias en Galicia.

27.4.2021

675.210,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Down Galicia para o financiamento de programas destinados ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias e do mantemento da federación para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento da Federación Down Galicia e das actividades que a dita entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2021 destinado ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias.

27.4.2021

690.688,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias, e do mantemento de Fademga Plena Inclusión Galicia para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento da Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia), e das súas entidades asociadas, así como a realización de actividades a prol do colectivo das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2021.

27.4.2021

2.468.814,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), para o financiamento de servizos especializados dirixidos a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade autónoma de Galicia e do mantemento da federación para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e dos servizos especializados que a dita entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2021

27.4.2021

759.826,00 €

Convenio de colaboración entre a consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) para o financiamento dos programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da entidade para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos de persoal e gastos correntes da Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) e das súas entidades federadas para o exercicio 2021, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución de actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia, dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia.

27.4.2021

635.736,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), para o financiamento de programas dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos de persoal e gastos correntes da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e das súas entidades asociadas para o exercicio 2021 así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución de actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia que a dita entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2021, co fin de contribuír á mellora das condicións e calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia .

27.4.2021

389.698,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e do mantemento da federación para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) e das actividades na área de intervención social destinadas a mellorar a integración sociolaboral, a autonomía persoal e a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades raras e crónicas e ás súas familias, no ámbito de actuación da dita entidade, de acordo co seu Proxecto de Atención Integral Sociosanitaria.

27.4.2021

23.310,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual (Special Olympics Galicia), para o mantemento e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, ocio, formativas e de promoción do voluntariado para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento da Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual (Special Olympics Galicia), e da promoción da integración social e mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias a través da realización de actividades deportivas adaptadas, de ocio, de formación e de promoción do voluntariado que a dita entidade ten previsto desenvolver no ano 2021.

27.4.2021

199.443,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de COGAMI e das súas entidades para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e das súas entidades asociadas así como das actividades que leva consigo o servizo que a dita entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2021.

27.4.2021

1.318.157,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Deputación Provincial de Ourense relativo á utilización de determinadas instalacións e servizos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas e para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude.

Establecer a forma e condicións de colaboración coa Deputación Provincial de Ourense para o uso de determinadas instalacións e servizos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, coa finalidade de promocionar a práctica de actividades deportivas entre a xuventude, acollendo a un máximo de cinco (5) deportistas.

28.1.2021

Sen custo

ANEXO II

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2020

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A para a instrumentación da axuda económica ás familias a través da tarxeta benvida.

Establecer a colaboración para instrumentar a axuda económica para as familias no ano 2021 a través da tarxeta benvida.

31.12.2020

Sen custo