Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2021/14 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: automatización CT 12811 Campo de Tiro.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, con número de visado 20210357, o 8 de febreiro de 2021.

Características técnicas principais:

• Centro de seccionamento prefabricado (12811) Campo de Tiro, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 100 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador.

• Liña soterrada de media tensión a 20 kV con orixe no apoio 2A6539 da LMTA existente Rábade 2 e final no CT prefabricado (12811) Campo de Tiro, cunha lonxitude de 40 metros de condutor tipo RHZ1-150.

– Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

– Orzamento: 47.196,36 €.

– Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Outeiro de Rei.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra debe realizala técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 19 de maio de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo