Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26808

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS508B).

Con data do 31 de marzo de 2021, publícase no Diario Oficial de Galicia número 61 a Orde do 16 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS508B).

O artigo 6 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 7 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 8 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 14 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e no acto de requirimento ditado polo órgano instrutor. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades
de voluntariado. Requirimento de emenda das solicitudes na Orde do 16 de marzo de 2021
(código de procedemento BS508B)

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508B 2021/040

Sociedade Recreativa San Xoán de Calo

G15069883

– Anexo I: indicar o orzamento solicitado
– Proxecto de actividades (art. 7.1): indicar o orzamento solicitado

BS508B 2021/051

Asociación pola Igualdade e a Coeducación, Apico

G94088549

– Anexo I ou proxecto de actividades: o número de persoas beneficiarias non coincide

BS508B 2021/060

Comunidade de Montes de Teis

V36841047

– Anexo I: indicar importe solicitado

BS508B 2021/076

Fundación Baiuca Verdescente

G70542113

– Proxecto de actividades (art. 7.1): adaptar a data de fin de proxecto e o cronograma de actividades (art. 5.1)
– Anexo I: adaptar a data de fin de proxecto aos cambios solicitados no proxecto de actividades

BS508B 2021/080

Asociación Montes e Vales Orientais

G27389139

– Anexo I: adaptar o importe solicitado (art. 5.3)
– Proxecto de actividades (art. 7.1): identificar problemas, indicar o número de persoas beneficiarias, clarificar as partidas do orzamento e indicar o orzamento solicitado

BS508B 2021/093

Asociación O Son do Pobo

G94017704

– Anexo I: adaptar os sectores de poboación ao indicado no proxecto de actividades e indicar se se autoriza a consulta de documentos ou achegar os documentos para os que non se autorice a consulta

BS508B 2021/101

Fundación Meniños

G15551120

– Anexo I: adaptar a data fin de proxecto (art. 5.1)
– Proxecto de actividades: adaptar a data de fin de proxecto (art. 5.1)

BS508B 2021/110

Asociación Cultural Cantaclaro

G32472037

– Anexo I: indicar o orzamento solicitado e adaptar os sectores da poboación ao indicado no proxecto de actividades
– Proxecto de actividades (art. 7.1): indicar o número de persoas voluntarias, de persoas beneficiarias e o orzamento solicitado

BS508B 2021/120

Asociación Española contra el Cáncer (AECC)/Junta Provincial de Orense

G28197564

– Proxecto de actividades: adaptar a data fin de proxecto (art. 5.1), identificar problemas e cuantificar o número de persoas voluntarias

BS508B 2021/125

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

– Anexo I: adaptar o orzamento solicitado (art. 5.3) e adaptar a data de fin de proxecto (art. 5.1)
– Proxecto de actividades (art. 7.1): indicar o orzamento solicitado e indicar quen asume a diferenza co orzamento total

BS508B 2021/126

Asociación Proxecto Máscaras

G70401518

– Proxecto de actividades (art. 7.1)
– Anexo I: indicar o orzamento solicitado, o número de persoas voluntarias e o número de persoas beneficiarias

BS508B 2021/127

Club Hockey Compostela

G70160114

– Proxecto de actividades (art. 7.1)
– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade
– Anexo I: indicar o orzamento solicitado, data de inicio, data de fin, número de persoas beneficiarias e número de persoas voluntarias

BS508B 2021/130

Federación de Escuelas Familiares Agrarias de Galicia

G15299357

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade

BS508B 2021/131

Asociación Tempus, de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer

G15681000

– Proxecto de actividades (art. 7.1)

BS508B 2021/137

Escola Deportiva Santiago

G70301379

– Anexo I: correctamente asinado