Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da suspensión e da cancelación de unidades de admisión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

O artigo 1.5 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, establece como competencias da Dirección Xeral de Montes a xestión do Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

O artigo 5.2 do Decreto 135/2004 establece que a Dirección Xeral de Montes poderá suspender a autorización concedida aos materiais de base e proceder á cancelación da súa inscrición no rexistro.

Por último, o punto 4 do artigo 1 do Decreto 135/2004 indica que o contido do rexistro será de carácter público e difundido adecuadamente a toda a sociedade e aos axentes do sector forestal.

En consecuencia, realizados os estudos técnicos pertinentes e comprobado o cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución da categoría seleccionada e controlada, conforme o disposto nos anexos III e V, respectivamente, do Real decreto 289/2003, e realizada a revisión das unidades de admisión autorizadas ata o momento e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, mediante a Resolución do 30 de abril de 2021, procedeu a suspender a autorización concedida ás unidades de admisión que se recollen no anexo I da especie Pinus pinaster Aiton inscritas cos números 2, 6, 9, 12, 15, 23 e 203, e da especie Quercus robur L. inscrita co número 176 no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, e cancelar a súa inscrición nese rexistro.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO I

Nº rexistro

Especie

Lugar

Concello

Provincia

Código

2

Pinus pinaster

MVMC Lantaño

Portas

Pontevedra

RS-26/01a/002

6

Pinus pinaster

ELM Bembrive

Vigo

Pontevedra

RS-26/01a/007

9

Pinus pinaster

A Redonda I

Corcubión

A Coruña

RS-26/01a/010

12

Pinus pinaster

A Redonda II

Corcubión

A Coruña

RS-26/01a/014

15

Pinus pinaster

UP 33A

Entrimo

Ourense

RS-26/01a/017

23

Pinus pinaster

MVMC San Xoán de Lagostelle

Guitiriz

Lugo

RS-26/01b/003

176

Quercus robur

Rebordaos Lamas

Castroverde

Lugo

RS-41/01/27/001

203

Pinus pinaster

MVMC San Xosé de Ribarteme

As Neves

Pontevedra

HS-C26/36/001