Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26875

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 239/2018).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 239/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Peris Caminero contra Avanza Lab Inspección y Control, S.L., no cal é parte o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, foi pronunciada sentenza do 15.4.2021 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación polo prazo de cinco días, e faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Avanza Lab Inspección y Control, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza