Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decretos (ETX 16/2021).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 16/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva de la Fuente García contra Nelumbo Overseas, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, foi pronunciada a seguinte resolución:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Eva de la Fuente García, contra Nelumbo Overseas, S.L., parte executada, polo importe de 449,12 euros e de 44,91 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS, e aos representantes dos traballadores da empresa debedora de conformidade co ordenado polo artigo 252 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluentes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, coa indicación “Recurso” no campo do concepto, seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Iria Román Vidarte.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento Nelumbo Overseas, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 449,12 euros, e de 44,91 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e, se non pagar no acto, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou a execución máis as custas desta, e líbrese para o efecto.

– Requirir Nelumbo Overseas, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, ao menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non revele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Así mesmo, requírase a parte executante co obxecto de que no prazo de cinco días achegue un número de conta en que facer efectivos os pagamentos dos que deba ser obxecto.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A., coa indicación “Recurso” no campo do concepto, seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Paloma Recalde Álvarez.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021.

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Completar o decreto do 23.2.2021 nos seguintes termos:

Onde di: “Requirir de pagamento Nelumbo Overseas, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 449,12 euros, e de 44,91 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e, se non pagar no acto, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou a execución máis as custas desta, e líbrese para o efecto”.

Debe dicir: “Requirir de pagamentoo a Nelumbo Overseas, S.L., a fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 449,12 euros, e de 44,91 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingresar o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0016 21), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir esa suma, logo de investigalos a través da aplicación informática deste xulgado”.

2. Sendo negativa a notificación e requirimento da executada Nelumbo Overseas, S.L. por resultar ausente e descoñecido, respectivamente, nos domicilios que constan tanto nas actuacións como na investigación domiciliaria practicada, acordo a publicación mediante edictos no Diario Oficial de Galicia.

Contra este decreto non cabe interpor ningún recurso diferente ao que, se for o caso, podería interporse contra a resolución modificada.

Letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nelumbo Overseas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

Letrada da Administración de xustiza