Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO do 19 de abril de 2021 polo que se dá publicidade da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 69, do 15 de abril de 2021, publicáronse integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL), persoal laboral fixo do Concello de Arteixo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2017.

As instancias en que se solicita tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 19 de abril de 2021

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente