Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26821

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2021 pola que se convocan cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico.

De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e entes instrumentais do sector público autonómico para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II, das seguintes entidades: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), Galicia Calidade, S.A.U., Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama).

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 7 de xuño de 2021.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ou ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35 en horario de atención ao publico (das 9.00 ás 14.30 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e enviar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.

Quinta. Criterios de selección

O criterio de selección será por orde de inscrición ata esgotar a totalidade das prazas.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. O seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

As persoas que incumpran o previsto nas liñas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar, en ningún caso, o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente perante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar a actividade presencial o alumnado deberá asistir ao 90 % das horas lectivas presenciais e superar as probas de avaliación que o docente propoña.

Para poder superar a actividade de teleformación, o alumnado deberá, en primeiro lugar, realizar todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar na proba de avaliación final.

En segundo lugar, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación, que se realizará en liña ao final dela.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e horas en que estas terán lugar, do cal a EGAP informará tamén a través da súa páxina web.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado das tarefas e da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP e os entes instrumentais indicados na base primeira do anexo desta resolución poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e os entes instrumentais indicados na base primeira do anexo desta resolución resérvanse o dereito a suspender ou cancelar as actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e os entes instrumentais indicados na base primeira do anexo desta resolución garantirán nas actividades derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Persoal destinatario

Modalidade/localidade

Datas e horario

Data e hora do exame

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

CV21055

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

30

25

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

30.9.2021 ao 25.10.2021

29.10.2021 17.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

CV21042

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

30

20

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

15.6.2021 ao 5.7.2021

8.7.2021

16.30 h

CV21046

Prevención e xestión de conflitos

6.10.2021 ao 9.11.2021

15.11.2021 17.30 h

CV21047

Protocolo avanzado

30

20

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

28.10.2021 ao 18.11.2021

23.11.2021 16.30 h

CV21048

Como deseñar presentacións eficaces

43

20

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

15.6.2021 ao 5.7.2021

8.7.2021

18.30 h

CV21054

A nova regulación do teletraballo

20

10

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

MIXTO1

15.11.2021 ao 18.11.2021 Clases presenciais. 15 e 18 de novembro das 16.30 ás 19.30 h

18.11.2021 18.30 h

CV21056

Ferramentas da linguaxe xestual, corporal e oral. Técnicas de comunicación para falar en público

30

15

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Presencial Santiago de Compostela

13, 18, 20, 25 e 27 de outubro das 16.30 ás 19.30 h

27.10.2021 18.30 h

Igualdade e violencia de xénero

CV21059

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

30

30

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

26.10.2021 ao 26.11.2021

1.12.2021

16.30 h

Plan formativo ofimático de Galicia

CV21049

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

30

50

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

15.9.2021 ao 4.11.2021

10.11.2021 16.30 h

CV21050

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)

46

50

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

13.9.2021 ao 2.11.2021

8.11.2021 18.30 h

CV21051

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)

25

30

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

25.10.2021 ao 25.11.2021

30.11.2021 16.30 h

CV21052

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10)

30

30

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

25.10.2021 ao 25.11.2021

30.11.2021 17.30 h

Portal de idiomas

CV21057

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 4)

30

50

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

13.9.2021 ao 2.11.2021

4.11.2021 16.30 h

CV21058

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 5)

52

50

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

13.10.2021 ao 29.11.2021

2.12.2021 16.30 h

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

CV21041

A axilidade na contratación pública: contratación menor e procedemento aberto simplificado

30

15

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Presencial Santiago de Compostela

22, 23, 24, 29 e 30 de novembro de 16.30 a 19.30 h

30.11.2021 18.30 h

CV21043

Os contratos do sector público

33

24

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

18.10.2021 ao 7.11.2021

10.11.2021 16.30 h

CV21044

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia

30

18

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

15.6.2021 ao 2.7.2021

7.7.2021

16.30 h

CV21045

A protección do menor ante os medios de comunicación

35

30

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

27.9.2021 ao 25.10.2021

28.10.2021 16.30 h

CV21053

A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia

30

25

Aproveitamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama)

Teleformación

18.10.2021 ao 7.11.2021

10.11.2021 17.30 h

CV21060

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación

17.30 h