Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26816

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2021 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 19 de maio de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no 1º cuadrimestre do ano 2021

Convenio

Data da sinatura

Achega total
da Agasp

Convenio entre a Autoridade Portuaria de Vigo e a Academia Galega de Seguridade Pública, para a formación do colectivo da Policía Portuaria

10.3.2021

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello da Illa de Arousa

11.3.2021

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso á categoría de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Mugardos

11.3.2021

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Porto do Son

25.3.2021

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixilantes municipais entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Oroso

30.3.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a empresa Aquafit Gestión, S.L. e Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

16.4.2021

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso á categoría de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Pontevedra

26.4.2021

Sen achega económica