Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27075

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 24 de maio de 2021, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 12 de xuño de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas COVID para procesos selectivos, publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021

Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal